Áreas que conservan ecosistemas e hábitats, xunto cos valores culturais e os sistemas tradicionais de xestión dos recursos naturais asociados a eles. Normalmente son extensas, coa maior parte da área en condicións naturais, unha parte da cal se xestiona de forma sostible e onde un dos principais obxectivos se considera o uso non industrial e de baixo nivel dos recursos naturais, compatible coa conservación da natureza.