Cordilleiras montañosas pertencentes a unha unidade orográfica formada polo levantamento e pregamento de sedimentos depositados entre dúas placas ou bloques en colisión. Na Península Ibérica, xorden durante a oroxenia alpina, cando os materiais depositados polo mar se pregan ao longo dos bordos das bases ou en fosas mariñas.