Fondos estruturais

O instrumento financeiro de política económica da Unión Europea está deseñado para financiar accións destinadas a reducir as disparidades de desenvolvemento entre as rexións, contribuíndo así á cohesión económica, social e territorial. A axuda canalízase a través de cinco fondos: – o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), que promove o desenvolvemento equilibrado entre as rexións da UE; – o Fondo Social Europeo (FSE), que apoia proxectos relacionados co emprego; – o Fondo de Cohesión (FC), que financia proxectos de transporte e medio ambiente en países con menor renda nacional bruta; – o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), que se centra en abordar problemas específicos nas zonas rurais da UE; e – o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que axuda aos pescadores a practicar unha pesca sostible e ás comunidades costeiras a diversificar as súas economías, mellorando a calidade de vida nas zonas costeiras europeas.

Fonte: Glosario de termos. Instituto Xeográfico Nacional
gl_ESGalego