Unha liña imaxinaria nun mapa que conecta todos os puntos coa mesma presión atmosférica (medida en milibares -mbar- ou hectopascales -hPa-). A presión normal é de 1013 milibares ou hectopascales, aínda que os mapas meteorolóxicos adoitan usar o valor de 1016. As zonas con presión atmosférica superior á normal chámanse anticiclóns e as zonas con presión inferior á normal chámanse ciclóns.