1. Trátase de áreas situadas dentro do territorio nacional ou nas augas marítimas baixo soberanía ou xurisdición nacional, incluídas a zona económica exclusiva e a plataforma continental (…) que contribúen apreciablemente ao mantemento ou, se é o caso, á restauración do estado de conservación favorable dos tipos de hábitats naturais e dos hábitats das especies de interese comunitario (…) na súa área de distribución natural. 2. Un lugar que, na rexión bioxeográfica á que pertence, contribúe apreciablemente ao mantemento ou á restauración dun tipo de hábitat natural ou dunha especie nun estado de conservación favorable e que pode contribuír apreciablemente á coherencia da Rede Natura 2000 e/ou contribuír ao mantemento da diversidade biolóxica.