Unha agrupación funcional de terras, infraestruturas, gando, maquinaria e equipamentos, e outros activos organizados para producir produtos agrícolas, pertencentes a unha explotación agrícola, que o propietario pode agrupar en función de criterios técnicos, económicos ou administrativos para facilitar a xestión empresarial. Unha unidade de produción pode estar situada en máis dunha comunidade autónoma.