As Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) son unha porción de terra necesaria para preservar, manter ou restaurar a diversidade de hábitats e a superficie suficientes para todas as especies de aves enumeradas no anexo I da Directiva 2009/147/CE, do 30 de novembro de 2009, relativa á conservación das aves silvestres. Estas, xunto coas Zonas Especiais de Conservación (ZEC), constitúen a Rede Natura 2000.