chuvia ácida

Precipitacións cun nivel de acidez anormalmente alto (pH inferior a 5). Están causadas polas emisións de óxidos de nitróxeno e xofre de fábricas, centrais eléctricas e vehículos, que se mesturan co vapor de auga do aire, se transforman en solucións ácidas e caen á superficie da Terra coa auga de choiva. Provocan graves danos á agricultura, aos cultivos, aos solos, aos ecosistemas acuáticos e mesmo aos edificios e ás infraestruturas; tamén causan importantes problemas respiratorios.

Fonte: Glosario de termos. Instituto Xeográfico Nacional
gl_ESGalego