Deformación dos estratos rochosos nunha forma ondulada. Xorden como consecuencia da presión tectónica en rochas plásticas que, en lugar de fracturarse, se pregan. Un pregamento consta dun anticlinal (convexo) e un sinclinal (cóncavo). Hai diferentes tipos: erguidos, inclinados ou recostados, dependendo da inclinación do seu plano axial, e presentan diferentes graos de curvatura.