Esclerófila

Relativo ás plantas ou formacións vexetais adaptadas a períodos prolongados de seca e altas temperaturas. Presentan mecanismos adaptativos como follas pequenas e duras, unha coroa globular, un tronco groso e baixo e raíces profundas. O bosque mediterráneo perennifolio de aciñeiras ou sobreiras é un exemplo.

Fonte: Glosario de termos. Instituto Xeográfico Nacional
gl_ESGalego