esterco

1. Residuos excretados polo gando ou mesturas de residuos e residuos excretados polo gando, mesmo se foron procesados. 2. Todos os excrementos ou urina de animais de granxa que non sexan peixes de piscifactoría, con ou sen cama. Isto inclúe os puríns e o esterco sólido. 3. Todos os excrementos ou urina de animais de granxa, incluídas as aves de curral, con ou sen cama, auga de lavado e residuos de penso, e auga utilizada para limpar os aloxamentos, o almacenamento do leite e as instalacións de muxido, que sofren un cambio biolóxico. Dependendo do sistema de produción, estes terán diferentes contidos de auga, o que dará lugar a esterco sólido ou semisólido.

Fontes: 1. Directiva do Consello, do 12 de decembro de 1991, relativa á protección das augas contra a contaminación por nitratos procedentes de fontes agrícolas. 2. Real Decreto 1051/2022, polo que se establecen normas para unha nutrición sostible en solos agrícolas. 3. Decreto 5/2020, polo que se designan zonas vulnerables á contaminación das augas por nitratos procedentes de fontes agrícolas e gandeiras e se aproba o Código de boas prácticas agrícolas.
gl_ESGalego