O Instituto Nacional de Industria foi unha entidade estatal fundada en 1941 e substituída en 1995 pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI). O seu obxectivo era o desenvolvemento da industria en España e a creación de novas empresas durante o período da autarquía franquista (1940-1956). Este Instituto impulsou a aparición de monopolios estatais (Renfe, ENDESA, Tabacalera, etc.) e o financiamento de proxectos industriais con fondos públicos. As súas accións levaron á polarización rexional da industria arredor de Cataluña, o País Vasco e Asturias.