Cartografía que emprega diversos símbolos puntuais, lineais ou superficiais, descritos nunha lenda, para representar a distribución e outros fenómenos xeográficos (evolución, densidade, fluxo, etc.) dun tema específico (poboación, economía, etc.). Os mapas temáticos poden ser cuantitativos (representan fenómenos medibles) e cualitativos (aspectos non medibles pero distintivos).