1. Unha porción de territorio que presenta características morfolóxicas e funcionais similares como resultado da acción e interacción de factores naturais e humanos. Corresponde á área do espazo xeográfico visible para o ollo humano a escalas intermedias, aínda que tamén se emprega en clasificacións das súas modalidades a escala global. A paisaxe converteuse nunha ferramenta fundamental na planificación territorial; de aí a importancia da representación cartográfica das modalidades existentes dentro do territorio obxecto de intervención. 2. Calquera parte do territorio tal e como a percibe a poboación, cuxo carácter é o resultado da acción e interacción de factores naturais e/ou humanos.