Un acordo internacional promovido pola ONU en 1997 que ten como obxectivo reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro (dióxido de carbono, metano, óxido nitroso e gases industriais fluorados). Inclúe instrumentos como os créditos de carbono. A súa aplicación foi moi complicada, xa que non entrou en vigor ata 2005, cando Rusia o ratificou (algo que os Estados Unidos, o maior emisor destes gases, nunca fixeron). Non é legalmente vinculante para os países asinantes.