1. Superficie fisiográfica alongada e de pendente suave que conecta as elevacións dunha cordilleira coas chairas situadas nunha conca sedimentaria. 2. Parte dunha superficie de falla normal ou de cabalgamento que forma as seccións inclinadas da falla onde corta oblicuamente os contactos das formacións. 3. Acceso entre dous traballos ou niveis dunha mina. 4. Zona sen cambios batimétricos significativos entre a liña de costa e as partes máis profundas dunha conca sedimentaria.