Xeografía

A xeografía é a disciplina científica que estuda os fenómenos e procesos que explican as relacións entre o medio natural e a humanidade na superficie terrestre. As súas especializacións defínense polos elementos que analizan. A xeografía física estuda elementos da natureza como o relevo (xeomorfoloxía), a atmosfera (climatoloxía), a auga (hidrografía) e a distribución dos organismos vivos (bioxeografía). A xeografía humana estuda os elementos relacionados cos habitantes destes espazos (xeografía da poboación), as súas actividades económicas en sentido xeral ou nas súas áreas específicas (xeografía económica, agrícola, industrial, de servizos e turística), así como as comunicacións necesarias para conectar territorios (xeografía do transporte) que transforman estes lugares. A xeografía rexional proporciona unha síntese xeográfica dos elementos característicos dos territorios a diferentes escalas. A xeografía utiliza unha linguaxe propia, a cartografía, para representar os procesos territoriais que estuda. Nos últimos anos, as técnicas de representación e procesamento da información territorial convertéronse nunha especialidade xeográfica de grande importancia.

Fonte: Glosario de termos. Instituto Xeográfico Nacional
gl_ESGalego