Estado de conservación «favorable» dun hábitat

Ocorre cando a súa área de distribución natural é estable ou en expansión, existe unha estrutura e unhas funcións específicas necesarias para o seu mantemento a longo prazo e o estado de conservación das súas especies típicas é favorable.

Estado de conservación "favorable" dunha especie

Isto ocorre cando os datos de dinámica de poboación da especie indican que pode seguir sendo un elemento vital dos seus hábitats naturais a longo prazo, que a súa área de distribución natural non está a diminuír nin está ameazada de diminuír no futuro e que hai suficiente hábitat dispoñible […]

Estado de conservación dun hábitat

O conxunto de influencias que actúan sobre un hábitat natural e as súas especies e que poden afectar a súa distribución natural, estrutura e funcións, así como a supervivencia das súas especies típicas, a longo prazo.

Conservación

Conxunto de medidas necesarias para manter ou restaurar os hábitats naturais e as poboacións de especies de fauna e flora silvestres nun estado favorable.

Convenio de Ramsar

Tratado intergobernamental cuxo obxectivo é a conservación e o uso racional dos humidais, mediante a acción nacional e a cooperación internacional, co fin de contribuír ao logro do desenvolvemento sostible en todo o mundo.

Acordo de Ospar

Convenio sobre a protección do medio mariño do Atlántico Nordeste. Os seus obxectivos son conservar os ecosistemas mariños, a saúde humana e, sempre que sexa posible, restaurar as zonas mariñas que se viron afectadas negativamente polas actividades humanas mediante a prevención e eliminación da contaminación e a súa protección.

Zona salvaxe

Xeralmente son áreas extensas, non modificadas ou lixeiramente modificadas que conservan o seu carácter e influencia naturais, sen asentamentos humanos significativos ou permanentes, e que están protexidas e xestionadas para preservar a súa condición natural.

Área protexida con uso sostible dos recursos naturais

Áreas que conservan ecosistemas e hábitats, xunto cos valores culturais e os sistemas tradicionais de xestión de recursos naturais asociados a eles. Normalmente son extensas, coa maior parte da área en condicións naturais, unha parte das cales se xestiona de forma sostible e onde se considera que […]

Agricultura ecolóxica

Un sistema de produción agrícola que non emprega produtos químicos sintéticos e busca o máximo equilibrio ambiental. Empréganse métodos de fertilización natural e búscase o uso racional dos recursos: auga, solo e patrimonio xenético.

Directiva Hábitats

PDF

Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

gl_ESGalego