Gandería extensiva/intensiva
Sistema de produción gandeira que busca a rendibilidade económica baseada na gran superficie empregada para producir alimento para o gando (extensivo) ou no maior desenvolvemento técnico da produción (intensivo).
Estabulación
Un termo que se refire á gandería intensiva levada a cabo en granxas e alimentada con forraxe e penso. Normalmente implica unha alta densidade de cabezas e razas moi seleccionadas. Destínase principalmente á produción de carne, leite e ovos para o abastecemento do mercado.
Acuicultura
Cría e cultivo de especies acuáticas de animais e plantas, principalmente con fins comerciais. Algunhas das instalacións utilizadas para a produción inclúen viveiros e piscifactorías.