Lugar
Unha área xeográfica definida, cunha superficie claramente delimitada.
LIC (Lugar de Importancia Comunitaria)
1. Trátase de áreas situadas dentro do territorio nacional ou das augas marítimas baixo soberanía ou xurisdición nacional, incluídas a zona económica exclusiva e a plataforma continental (…) que contribúen significativamente a manter ou, se é o caso, a restaurar o estado de conservación favorable dos tipos de hábitats naturais e […]
Hábitat dunha especie
Ambiente definido por factores abióticos e bióticos específicos onde a especie vive nunha das fases do seu ciclo biolóxico.
Hábitats naturais
Áreas terrestres ou acuáticas diferenciadas polas súas características xeográficas, abióticas e bióticas, xa sexan totalmente naturais ou seminaturais.
Humidais
Calquera área de terra que estea saturada ou inundada de auga estacional ou permanentemente. Os humidais interiores inclúen acuíferos, lagos, ríos, regatos, marismas, turbeiras, lagoas, chairas aluviais e pantanos. Os humidais costeiros inclúen toda a liña de costa, manglares, marismas salgadas, estuarios, lagoas ou lagos costeiros, pasteiros […]
Estado de conservación "favorable" dunha especie
Se da cuando los datos de dinámica de las poblaciones de la especie indican que puede seguir constituyendo a largo plazo un elemento vital de los hábitats naturales a los que pertenezca, su área de distribución natural no se está reduciendo ni amenaza con reducirse en un futuro y existe un hábitat de extensión suficiente […]
Estado de conservación dun hábitat
O conxunto de influencias que actúan sobre un hábitat natural e as súas especies e que poden afectar a súa distribución natural, estrutura e funcións, así como a supervivencia das súas especies típicas, a longo prazo.
Estado de conservación dunha especie
O conxunto de influencias que actúan sobre a especie e que poden afectar a distribución a longo prazo e a importancia das súas poboacións na UE.
Espazos naturais protexidos
1. Demarcación administrativa establecida para a conservación da natureza. Cada administración (europea, nacional, rexional) establece diferentes categorías de protección, con connotacións específicas en canto a usos e aproveitamentos. Estas categorías inclúen Parques Nacionais, Parques Naturais, Reservas Naturais, Áreas Mariñas Protexidas, Monumentos Naturais, Paisaxes Protexidas, Lugares de Importancia Comunitaria e Zonas de Especial Protección para […]
áreas protexidas
Trátase de áreas terrestres ou mariñas que, en recoñecemento dos seus excepcionais valores naturais, están dedicadas especificamente á conservación da natureza e, polo tanto, están suxeitas a un réxime xurídico especial para a súa protección.